A Linux App Summit reúne á comunidade global de GNU/Linux para aprender, colaborar e axudar a crecer o ecosistema de aplicacións Linux. A través de charlas, paneis e sesións de preguntas e respostas, anímase aos asistentes a compartir ideas, e a construír un ecosistema de aplicacións común.

O 29 e 30 de abril de 2022, en Rovereto vaise celebrar este evento. É punto de reunión de desenvolvedores de KDE e de Gnome baixo un mesmo evento, creando sinerxías importantes para o crecementos destas contornas de traballo.

Foi publicado o programa de charlas da Linux APP Summit 2022. Podedes velo nesta ligazón.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This