Primeiro portátil profesional con procesador RISC-V

Luns, 18 Xullo 2022
Primeiro portátil profesional con procesador RISC-V

As empresas DeepComputing e Xcalibyte anunciaron a apertura das reservas do primeiro portátil baseado en RISC-V orientado ao mundo profesional.

O portátil co nome de ROMA, pretende ser unha plataforma de desenvolvemento que equipa un procesador RISC-V, un acelerador GPU/NPU, 16GB de RAM LPDDR4/LPDDR4X e 256GB de capacidade para o almacenamento de datos. Nas imaxes de promoción poñen que é compatible con “a maioría de variantes de Linux”.

De momento non se especificaron as velocidades de reloxo nin outras características do procesador.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal