A primeira reunión da Comunidade Hispana de LibreOffice será en Valencia, o 25 de maio.
LibreOffice é unha suite ofimática coa que podemos elaborar documentos de calidade, indicada tanto para usuarios medios como para usuarios avanzados que necesitan resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.

En Mancomún liberamos e publicamos recentemente, un curso para mellorar as túas habilidades con esta suite.

Poster Valencia LOCom 2019

Datos da reunión

Lugar: As Naves (Carrer de Joan Verdeguer, 16, 46024 Valencia) na sala Think Tank.
Data: 25 de maio
Hora: 10:00

Programa da reunión

10:00 – Charla Introdución – Que é The Document Foundation?
Autor: Xisco Faulí
Información: Charla de introdución onde explicarase que é The Document Foundation, cales son as súas funcións, quen a forma e como funciona desde dentro.

10:30 – Charla – Presentación Cursos Online Autoaprendizaxe
Autor: Ismael Fanlo
Información: Comunicación pública dos cursos online de Writer e Calc que se poñen a disposición da comunidade hispana.

11:00 – Descanso

11:15 – Charla – O proxecto de migración a LibreOffice da Generalitat Valenciana
Autor: Pasqual Milvaques
Información: Unha visión retrospectiva do proxecto de migración da GVA

11:45 – Charla – Creación de macros con Python
Autor: Mauricio Baeza
Información: Un breve repaso sobre todas as posibilidades que ten LibreOffice para automatización, con Python.

12:15 – Descanso

12:30 – Charla – Control de Calidade en LibreOffice
Autor: Xisco Faulí
Información: Charla sobre que é o control de Calidade, como funciona no proxecto de LibreOffice e como poder contribuír.

13:00 – Coloquio

14:00 – Fin do evento

A comida terá lugar nun restaurante inda por determinar.
NOTA: Os horarios aínda non son definitivos.

Localización do evento


Ollar un mapa máis grande

Patrocinadores: The Document Foundation

Máis información: Wiki de Document Foundation

Pin It on Pinterest

Share This