Durante a ‘LinuxWorld Conference’, celebrada en Boston (Massachusetts) a pasada semana, a compañía Novell anunciou o lanzamento de ‘SUSE Linux 10.1’, a última versión da súa distribución para [[GNU/Linux]]. Trátase da primeira versión ‘SUSE Linux’ desenvolvida en completa colaboración coa comunidade de Código Aberto (‘Open Source’), con máis de 1.500 paquetes que conteñen as últimas novidades de Software Libre, tales como a suite ofimática OpenOffice, o navegador web Firefox e outras ferramentas multimedia.

‘SUSE Linux 10.1’ ofrece as últimas versións de [[Firefox]] e de [[OpenOffice]] compatibles con Windows e con soporte para macros en Visual Basic; clientes de correo electrónico e mensajería instantánea; aplicacións de xeración, edición e xestión de gráficos; e importantes ferramentas de seguridade como sistemas de bloqueo de spam, software antivirus e un firewall integrado.

Ata, entre as novas e actualizadas funcións, preséntanse o sistema de procura Beagle totalmente integrado, os reproductores de música mp3 [[amarok]] e Banshe, e a tecnoloxía de rendering Xgl para unha experiencia visual mellorada. ‘SUSE Linux 10.1’ dispón ademais dunha mellor xestión da enerxía e a aplicación de redes Network Manager.

Ademais das funcións para os novos usuarios, ‘SUSE Linux 10.1’ inclúe ferramentas avanzadas de Código Aberto para os desarrolladores máis experimentados de Linux. Incorpora os últimos paquetes de servidores e desenvolvemento, polos que pode ser rápidamente configurado para crear unha rede en casa, web hosting, ou desenvolvemento de aplicacións. Inclúe a contorna de virtualización completamente integrado Xen 3.0, o sistema de administración YaST e a aplicación de seguridade de sinxelo manexo Novell AppArmor.

Para Andreas Jaeger, Chief Mainteiner de SUSE Linux de Novell, “SUSE Linux 10.1 marca un punto de inflexión para Novell e os membros da comunidade openSUSE”, e tamén comenta que “traballando coa comunidade, habemos expandido e mellorado todos os elementos da distribución para facilitar a mellor experiencia posible a aqueles usuarios que empregan Linux por primeira vez, á vez que continuamos estabilizando, integrando e facilitando os mellores paquetes de software de Código Aberto para os enxeñeiros”.

Pin It on Pinterest

Share This