A Akademy-es 2021 celebrarase en liña do 19 ao 21 de novembro, unha edición moi especial utilizando tecnoloxías de telecomunicación libres.. Xa se abriu o Call for Papers, podes presentar a túa charla para a Akademy-es 2021 antes do 24 de outubro.

Un dos obxectivos de Akademy é aprender e ensinar novos coñecementos e compartir a paixón do que se fai na comunidade KDE.

Algunhas consideracións para as charlas:
– Pódese elixir entre dous formatos de charlas (charlas de 45 minutos ou charlas lóstrego de 10 minutos).
– Se a duración das charlas propostas non se axusta a ningún destes dous esquemas (por exemplo, se se necesita máis tempo), isto debe indicarse claramente na comunicación.
– Permitirase a KDE España a distribución baixo unha licenza libre de todo o material utilizado para a realización da actividade, así como da gravación da mesma.
– A charla pode ser tanto a nivel de usuario como de nivel técnico.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This