Akademy 2022 celebrarase de forma presencial en Barcelona do 1 ao 7 de outubro. Aínda podes presentar a túa charla para participar neste evento. As charlas realizaranse o sábado 1 e o domingo 2, deixando o resto de días para o traballo en pequenos grupos en sala máis reservadas pero non privadas.

Un dos obxectivos de Akademy é aprender e ensinar novos coñecementos e compartir entre nós a paixón do que se fai en KDE.

Akademy

Akademy é o evento da Comunidade KDE que reune nunha gran conferencia todo tipo de simpatizantes de KDE como desenvolvedores, deseñadores, usuarios, tradutores, promotores, ideólogos, etc. Alí reuniranse ao longo dunha semana para compartir charlas, ceas, relatorios, talleres e, en definitiva, para traballar xuntos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This