Presenta a túa charla a Akademy-es 2023 de Málaga

Xoves, 23 Marzo 2023
Presenta a túa charla a Akademy-es 2023 de Málaga

O próximo encontro da Comunidade española de KDE (Akademy-es) celebrarase de forma presencial en Málaga o 9 e 10 de xuño, de forma paralela coa Opensouthcode na Térmica.

Abriuse o Call for Papers, así que xa sabes: presenta a túa charla a Akademy-es 2023 e mostra ao mundo o teu proxecto. As charlas celebraranse o xoves e venres, para deixar libre a fin de semana para os relatorios do evento Internacional, e deixando o domingo para algunha actividade social, se é posible.

imagen

Adrián Chaves e Albert Astals na Akademy-es 2018 de Valencia

Liñas xerais do Call for Papers.

Pódese elixir entre dous formatos de charlas:
– Charlas de 45 minutos.
– Charlas lóstrego (Lightning talk) de 10 minutos.

Se a duración das charlas propostas non se axustan a ningún destes dous esquemas (por exemplo, se se necesita máis tempo), isto debe indicarse claramente na comunicación. Permitirase a KDE España a distribución baixo unha licenza libre de todo o material utilizado para a realización da actividade, así como da gravación da mesma. A charla pode ser tanto a nivel de usuario como de nivel técnico.

Tes de prazo para enviar a túa proposta ata o domingo 2 de abril ao correo:
akademy-es-org@kde-espana.org

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal