Do 19 de outubro ao 5 de novembro, de 10.00 a 12.00, celebraranse de xeito telemático os cursos de preparación das probas libres CODIX, a certificación galega de competencias dixitais en ofimática. As videoconferencias serán desde as aulas CeMIT de Oroso, Boiro e Santa Comba.

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

A Oficina CeMIT (AMTEGA) ofrece dúas posibilidades para obter a certificación:
– Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial final (dúas convocatorias anuais: febreiro e setembro).
– Presentarse directamente a un exame libre (dúas convocatorias anuais: marzo e outubro).

Para facilitar o acceso aos coñecementos necesarios para superar o exame libre, a Oficina CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación EMA os contidos do curso na modalidade de autoformación.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This