En datas próximas sairá publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 
As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.

As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:

A- Ferramentas de autor
B- Materiais curriculares web
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
D- Aplicacións de Software Libre ( usando como plataforma de desenvolvemento A Forxa de Mancomun.org).

Destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C. Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos.

O prazo de participación comenzará o día seguinte á súa publicación no DOGA e rematará o 15 de setembro.

Pin It on Pinterest

Share This