Premio polo avance do Software Libre da Free Software Foundation

Premio polo avance do Software Libre da Free Software Foundation

FSFA Free Software Foundation ([[FSF]]) e o proxecto [[GNU]] anunciaron a petición de nominacións para o premio anual polo avance do Software Libre.

Este premio anual entrégaselle á persoa que fixo a maior aportación ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes ao espírito do Software Libre…

O gañador do último ano foi Andrew Tridgell que foi galardoado polo seu traballo como creador e desenvolvedor do proxecto Samba, e polas súas contribucións ao kernel de GNU/Linux. Tridgell uniuse así á prestixiosa lista de gañadores, entre os que destacamos a Theo de Raadt, Alan Cox, Miguel de Icaza, entre outros.

Calquera tipo de actividade pode ser elixida para o premio (desenvolvemento de software, documentación, publicación de software, …), pero sempre e cando implique contribucións ao desenvolvemento do mundo do Software Libre, e sempre acorde ao espírito da definición do Software Libre.  

O comité que elixiu ao gañador do 2005 estivo formado por: Peter H. Salus, Richard Stallman, Alan Cox (gañador do 2003), Lawrence Lessig (gañador do 2002), Guido van Rossum (gañador do 2001), Frederic Couchet, Jonas Oberg, Hong Feng, Bruce Perens, Raju Mathur, Suresh Ramasubramanian, Enrique A. Chaparro, e Ian Murdock.

Para enviar as nominacións, para o premio deste ano, está dispoñible a seguinte dirección de correo electrónico: award-nominations@gnu.org, ata o 31 de outubro de 2006.

Máis instruccións de como enviar estas nominacións pódense atopar no anuncio na web da Free Software Foundation.

Pódese atopar información sobre os gañadores das anteriores edicións en http://www.fsf.org/fs-award.

Fonte da nova: Free Software Foundation  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal