Premio ao Mellor Proxecto de Fin de Carreira en Software Libre

Igalia, empresa galega de Software Libre, convoca o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007, que xorde para fomentar o acercamento e coñecemento dos universitarios galegos sobre o Software Libre e promover o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e da comunicacion. O obxectivo é que moitos dos PFC que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando ao mellor deles con 1.000 € e a difusión pública do mesmo.

O período de inscrición vai dende o 31 de marzo ata o 31 de outubro de 2007, podendo participar calquera estudante dunha universidade galega que defenda o seu PFC cunha nota mínima de 5.0 nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do presente ano. Na iniciativa, colaboran as 3 universidades galegas e Mancomun.org.

O premio será presentado durante o mes de abril nas principais facultades e escolas técnicas de Galicia:
  • Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Martes 10 de abril ás 12.30.
  • ETSE Telecomunicacións da Universidade de Vigo, dentro do VII Foro de Emprego. Xoves 12 de abril ás 16.00.
  • Escola Superior de Enxeñería en Informática da Universidade de Vigo (Ourense). Luns 16 de abril ás 12.00.
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago. Xoves 26 de abril ás 12.00.

O premio de 1.000 € entregarase no salón de actos da Facultade de Informática da Coruña na terceira semana de novembro, o xurado pode decidir a concesión dun accésit de 500 €.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal