Precisas un Centro de Atención a Usuarios? Proba o novo GLPI 10

Luns, 20 Xuño 2022
Precisas un Centro de Atención a Usuarios? Proba o novo GLPI 10

O 23 de xuño, en horario de 10:00 a 11:00, o GaiásTech organiza a charla “Precisas un Centro de Atención a Usuarios? Proba o novo GLPI 10” en formato presencial e vía streaming.

Impartida pola empresa TICgal Informática para empresas en Pontevedra (especializada en implantación, soporte e desenvolvemento para GLPI e ferramenta ITSM de software libre), esta charla está dirixida a responsables de servicios IT en xeral, e centros de atención a usuarios en particular e Técnicos TI.

O obxectivo da sesión é amosar as posibilidades de ter unha ferramenta unificada de xestión de software libre como GLPI e amosar casos de éxito.

Programa

– O teu departamento TI precisa unha ferramenta
– Que é GLPI
– Novidades GLPI 10
– Integracións e melloras
– Casos de éxito
– Quenda de preguntas

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal