Portátiles Dell Latitude 9420 con Ubuntu

Martes, 19 Xaneiro 2021
Portátiles Dell Latitude 9420 con Ubuntu

Dell presentou os novos portátiles Latitude 9420 no CES 2021, portátiles convertibles con pantalla de 14 polgadas e unha relación de aspecto de 16:10, e resolucións nativas de 1920×1280 píxeles e outra de 2560×1600 píxeles.

Contan con procesadores Intel Tiger Lake da serie vPro e ata 32 GB de memoria RAM. Sensores de impresións dixitais e cámaras IR para autenticación biométrica e con soporte para redes 4G e 5G. A nivel de conectividade atopámonos con Wi-fi 6E, Thunderbolt 4.0, USB 3.2 e HDMI 2.0. Chasis de aluminio, batería de 60 Wr ou 65 Wr.

Dispoñibles a principios de 2021 con Windows 10 como sistema operativo, os equipos con Ubuntu deberían de aparecer no verán de 2021.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal