O Pavillón de Porriño acollerá do 12 ao 15 de outubro a Linux Party 2006. Neste evento participarán preto de 500 persoas.

A organización da mesma corre a cargo de GALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, en colaboración co Concello de Porriño e AGNIX.

O prazo de inscricións está aberto e os interesados poden inscribirse a través da páxina www.galpon.org, onde tamén se pode obter ampla información das actividades que se van realizar…

[Gabinete de prensa Galpon, 2 de outubro de 2006]

Os asistentes poderán gozar dun horario ininterrompido que comezará ás 17:00h do día 12 e rematará ás 14:00h do día 15 de outubro. Durante este tempo desenvolveranse nove conferencias-taller, seis mesas coloquio e varios concursos. Ademais, o persoal organizador proporcionará asesoramento a aqueles usuarios que desexen instalar unha distribución de Software Libre nos seus ordenadores. Para elo disporase dun espazo para que os usuarios poidan colocar os seus equipos, con conexión de tensión e de rede de datos con Internet de banda ancha. Os participantes tamén disporán de aloxamento no mesmo espazo no que se desenvolverá a Linux Party.

A Linux Party está dirixida a calquera persoa interesada en coñecer o Software Libre [2], aos usuarios de software privativo que descoñecen por completo as diferenzas deste co Software Libre e as alternativas que poden empregar, e tamén aos que traballan con certa asiduidade con este sistema operativo pero descoñecen os trucos ou queren mellorar o seu coñecemento dalgunha ferramenta concreta. Buscarase impulsar o coñecemento das ferramentas e posibilidades do Software Libre nos usuarios de software privativo mediante conferencias taller amosando as ferramentas alternativas ao software privativo. Ademais de intercambiar as experiencias e coñecementos relativos ao Software Libre, o que se chama o Know-How, entre usuarios de diferente nivel con mesas redondas, coloquios e habilitando un espazo para a instalación dos ordenadores con acceso a Internet.

Esta party ou reunión de usuarios das TIC fixo a súa primeira edición no 2004 [3] con notable éxito mediático e proporcionando unha visión diferente á que está acostumada a persoa que asiste a outros eventos onde se promocionaban a descarga ilegal de contidos ou xogos en rede con premios de miles de euros.

Nova publicada en GALPon .

Pin It on Pinterest

Share This