exFAT é o sistema de arquivos usado por moitos fabricantes de tarxetas SD, pero non era compatible con Linux de forma nativa.

Microsoft anuncio que fará públicas as especificacións do seu sistema de xestión de arquivos exFAT, polo que os usuarios de Linux e outros sistemas operativos poderémolo usar sen depender de software de terceiros.

O obxectivo final da iniciativa é agregar soporte exFAT ao núcleo de Linux.

Este movemento por parte de Microsoft non libera o código fonte, soamente está a liberar os dereitos de uso de exFAT e resérvase calquera intención de demanda xunto cos membros da Open Invention Network (OIN), comunidade con máis de 3040 compañías de todo o mundo que acordaron licenciar as súas patentes, libres de regalías, para protexer Linux contra demandas xudiciais.

John Gossman, enxeñeiro de Microsoft e membro da xunta da Fundación Linux, declarou:
“A Microsoft gústalle Linux. Dicímolo a miúdo e pensámolo realmente! Hoxe, comprácenos anunciar que Microsoft apoia a integración da súa tecnoloxía exFAT no kernel de Linux” e ”a posible inclusión dun kernel de Linux que admita exFAT nunha futura revisión da definición do sistema Linux.“

exFAT

Sistemas de arquivos creados por Microsoft:

FAT32
O sistema de arquivos FAT32 creado en 1977 por Microsoft é o menos eficiente e o menos avanzado dos tres, pero ofrece unha maior compatibilidade con outros sistemas operativos e dispositivos de almacenamento extraíbles.

Non pode almacenar arquivos de máis de 4 GB.

NTFS
NTFS ten moitas melloras técnicas sobre FAT, como soporte mellorado de metadatos, o uso de estruturas de datos avanzadas para mellorar o rendemento, a confiabilidade e a utilización do espazo en disco.

Pode almacenar arquivos de máis de 4 GB.

exFAT
exFAT é un sistema de arquivos patentado e deseñado por Microsoft, principalmente para memorias flashs e medios de almacenamento externo.

O acceso aos arquivos e as manipulacións son máis rápidos en exFAT que en FAT32 e NTFS.

exFAT pode almacenar arquivos de máis de 4 GB.

O soporte ExFAT está integrado de forma nativa en Windows desde Windows 7 e en macOS desde MacOS X “ Snow  Leopard”.

exFAT tamén é compatible coa maioría dos sistemas operativos GNU/Linux, a través dun controlador gratuíto baseado en FUSE.

O sistema de arquivos  exFAT utiliza 64 bits para describir o tamaño do arquivo, o que permite aplicacións que dependen de arquivos moi grandes e tamén permite agrupacións industriais de ata 32 MB, o que permite dispositivos de almacenamento moi grandes.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This