Plasma Mobile Gear 21.08 acaba de ver a luz. Trátase das actualizacións nas aplicacións de KDE pensadas para tabletas e teléfonos móbiles liberadas en agosto. Aínda que as aplicacións recollidas no compendio Plasma Mobile Gear están deseñadas para dispositivos móbiles, tamén poden funcionar en computadoras de escritorio e portátiles.

Plasma Mobile é un proxecto de software libre baseado no entorno de escritorio Plasma da comunidade KDE, mediante o que se pretende dar a oportunidade aos usuarios de instalalo no seu teléfono móbil (ou mercar un teléfono con el instalado) e contar así con un sistema operativo libre e respectuoso coa privacidade. Pese a que se trata dun sistema aínda en fase beta de desenvolvemento trátase dunha iniciativa moi interesante e na que a comunidade KDE está poñendo moito traballo e empeño.

Plasma Mobile Gear 21.08

As novidades de Plasma Mobile Gear 21.08 van dende correccións de erros a outras novidades máis interesantes.

Algunha das correccións máis destacadas están relacionados con Kwin e o teclado virtual, que agora é máis estable e fluído.

Tamén melloraron as aplicacións do tempo e do reloxo, así como Kasts (a aplicación para reproducir podcasts, coma o Mancomún Podcast) e Spacebar (aplicación de SMS).

Nesta ligazón pode obterse máis información sobre esta actualización.

Pin It on Pinterest

Share This