KDE presentou Plasma Bigscreen, sistema operativo deseñado para o seu uso en televisións e compatible con Raspberry Pi. Pode usarse en calquera televisor a través da entrada HDMI.

Compatible coa tecnoloxía Mycroft (poderemos usar comandos de voz para o seu control). Mycroft proporciona tamén aplicacións como Youtube ou SoundCloud para que sexan compatibles coa voz.

Plasma Bigscreen

Plasma Bigscreen pódese instalala na Raspberry Pi 4 con software como Balena Etcher.

Para usar Mycroft, teremos que emparellar o dispositivo desde home.mycroft.ai.

Plasma Bigscreen está actualmente en fase de desenvolvemento.

Características destacadas

– Proxecto libre, baseado en software libre e código aberto, que pode ser ampliado con novas funcionalidades e aplicacións.
– Pode ser controlado por voz.
– Soportada pola Comunidade KDE.

En palabras dos desenvolvedores:
«Plasma Bigscreen proporciona a interface dun computador monoplaca e utiliza o asistente de voz da IA Mycroft para ofrecer unha plataforma de TV intelixente. Plasma Bigscreen non só ofrecerá aplicacións ricas en medios, senón tamén aplicacións de escritorio tradicionais redeseñadas para adaptarse á experiencia de Bigscreen

Vídeo coas características de Plasma Bigscreen

Máis información na web oficial do proxecto

Pin It on Pinterest

Share This