A filial de fabricación de chips de Alibaba, Pingtouge, lanzou o xoves o seu primeiro produto: o procesador XuanTie 910, que utiliza arquitectura de código aberto.

Utilizarase en aplicacións que inclúen telecomunicacións 5G, intelixencia artificial e condución autónoma. Emprega arquitectura (ISA) RISC-V.

As tecnoloxías de código aberto están a converterse nunha opción cada vez máis atractiva para as empresas chinesas que temen ser bloqueadas polos gobernos estranxeiros.

Pingtouge pronto permitirá aos desenvolvedores descargar parte do código de XuanTie 910 de forma gratuíta en GitHub.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This