PineTime, proxecto de smartwatch con GNU/Linux de PINE64

Martes, 17 Setembro 2019

Así presentou PINE64, a través do seu twitter, o PineTime:
“Este é o # PineTime (foto real) – un compañeiro do teléfono intelixente #Linux e un proxecto secundario noso”.

Así que PineTime será un reloxo pensado para acompañar ao PinePhone, a un módico prezo.

Características: dock de carga por indución, correa de 20mm, construído en zinc e plástico, pulsómetro, batería que durará varios días, prezo arredor dos 25$.

O PineTime será un smartwatch básico, no que poder consultar as notificacións do noso teléfono, ter información sobre a nosa actividade física, no que seguramente poderemos instalar aplicacións desenvolvidas pola comunidade, pero teremos que esperar un tempo para poder desfrutar del.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal