PineTab, a tablet de Pine64

Venres, 29 Maio 2020

PINE64 puxo en prevenda a PineTab, unha tablet para funcionar con GNU/Linux como sistema operativo.

O teclado e o trackpad opcionais, que tamén serve como cuberta da pantalla, converten ao PineTab nun pequeno portátil con pantalla táctil. Executa numerosas distribucións de GNU/Linux, así como *BSDs e Android. Utilizará Ubuntu Touch como sistema operativo por defecto.

Conta co mesmo procesador ARM Cortex A53 de 64 bits de catro núcleos que se utiliza no PineBook, 2 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno ampliables mediante microSD. Pantalla (LCD IPS) de 10 polgadas con 1280×720 píxeles, dúas cámaras, altofalantes e saída para auriculares. Batería de 6.000 mAh e posibilidade de expansión con placas LTE, LoRa e SATA SSD.

Máis información na nova de Pine64

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal