UBports Foundation anunciou a dispoñibilidade do PinePhone UBports Community Edition, unha variante do smartphone de PINE64 que trae Ubuntu Touch instalado como sistema operativo.

Un dispositivo orientado a entusiastas de GNU/Linux, desenvolvedores, hackers e aqueles que busquen algo diferente a iOS e Android.

O dispostivo pode reservarse na web de PINE64 a un prezo de 149,99 dólares.

Características: 160,5 x 76,6 x 9,2 mm, 185 gramos, pantalla IPS de 5,95 polgadas, resolución de 1.440×720 px, placa basee Allwinner A64, GPU MALI-600, 16 GB de almacenamento interno ampliables ata 2 TB, 2 GB de RAM LPDDR3, conector mini jack de 3,5 mm, Bluetooth 4.0, Wi-fi 802.11 b/g/n e USB Type-C.

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This