PinePhone “Community Edition: Mobian” xa se pode reservar

Mércores, 27 Xaneiro 2021
PinePhone “Community Edition: Mobian” xa se pode reservar

O PinePhone Mobian Community Edition (CE) xa está dispoñible para a súa reserva na Pine Store. Esta edición do PinePhone vén co sistema operativo Mobian, unha distribución de GNU/Linux baseada en Debian e adaptada para funcionar en smartphones.

Estará dispoñible en dúas configuracións de hardware:
149 dólares – 2 GB de RAM; 16 GB de eMMC
199 dólares – 3 GB de RAM; 32 GB de eMMC (inclúe un dock USB-C, con Ethernet 10/100, 2 portos USB tipo A, saída de vídeo dixital HDMI)

As dúas configuracións contan coa revisión 1.2 b do PCBA.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal