PINE64 anuncio a dispoñibilidade do novo Pinebook Pro (portátil con GNU/Linux de $199 dólares).

O Pinebook Pro está pensado para ofrecer unha sólida experiencia diaria con GNU/Linux ou BSD e para ser unha alternativa convincente aos Chromebooks de gama media. Pinebook Pro conta cun procesador de dous núcleos ARM a 1.8Ghz Cortex A72 e catro núcleos ARM a 1.4Ghz Cortex A53 xunto a 4 GB de memoria RAM LPDDR4. Almacenamento de 64 GB eMMC 5.0 e un procesador Mali T-860 coa conectividade estándar Bluetooth 5.0 e Wifi. Un porto USB 3.0 e un USB 2.0 tipo A, o porto tipo C pode ser usado para cargar ou para a conexión de pantallas. Porto para auriculares, entrada para MicroSD, micrófono integrado e unha cámara frontal de 2 megapíxeles.

Pantalla LCD de 14 polgadas con resolución de 1920×1080. Peso de 1.26 kilos e batería de 10.000 mAh (ata 10 horas sen necesidade de carga).

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This