Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre PrestaShop, o teu negocio en liña

Vídeo

PrestaShop é unha plataforma de comercio electrónico completa, de software libre, innovadora e eficaz que che permitirá crear a túa tenda en liña e ter o teu negocio na internet.

Con PrestaShop poderemos:
– Elixir un deseño e logo personalizado para a nosa tenda en liña.
– Engadir produtos ao catálogo. PrestaShop ten todo o que necesitas para organizar o teu inventario de produtos e servizos.
– Configurar as formas de pago: Visa, Mastercard, PayPal…, e deixar que os teus usuarios elixan a forma de pago que máis lle conveña.
– Xestionar os pedidos en tempo real, acceder aos datos de envío, editar a factura automaticamente e elixir a empresa coa que se farán os envíos: Correos, Seur, DHL…
– Integrar a tenda no teu propio dominio.
– Disporemos de ferramentas de márketing para aumentar as vendas. Módulos que che permitirán crear códigos promocionais, ofertas de produtos, blogue e todo o necesario para que a túa tenda sexa todo un éxito.
– Configurar a tenda en varios idiomas e moedas dunha forma sinxela.
– Aumentar as vendas engadindo funcionalidades con máis de 3.000 módulos. Poderemos personalizar a tenda en liña, incrementar o tráfico, mellorar as conversións e fidelizar aos clientes.
– Analizar os resultados.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal