Mércores, 9 Febreiro 2022

Pílula sobre OpenVAS, avaliación de vulnerabilidades

Vídeo

OpenVAS (Open Vulnerability Assessment System) é un software que se centra na avaliación de vulnerabilidades dun sistema informático.

logo

Con OpenVAS poden lanzarse diversos tipos de probas sobre distintos obxectos de forma manual ou programada, configurando periodicidades. Estas probas analizan todas as vulnerabilidades descubertas recibindo actualizacións das mesmas diariamente.

captura

A solución libre completa integra os seguintes compoñentes:
– OpenVAS scanner – O compoñente que realiza as probas e escaneos de vulnerabilidades.
– Greenbone Vulnerability Management (GVM) – Peza intermedia entre OpenVAS e a interface web que xestiona a configuración e os resultados dos escaneos.
– Greenbone Security Assistant (GSA) – Unha interface web escrita en React a través da cal se poden consultar, programar e visualizar os informes de vulnerabilidades.

Podemos probar o funcionamento de OpenVAS de forma sinxela e segura, a través dunha versión que preparamos para o GaiásTech Cloud, sen necesidade de instalar ningún software, simplemente a través dun navegador web:
https://gaiastech.xunta.gal/gl/gtech-cloud/openvas

Pílula sobre OpenVAS

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal