Nesta entrega veremos Nextcloud Files, co que poderás ter o control total sobre os teus datos desde o teu smartphone.

Nextcloud é unha suite de software para crear e utilizar servizos de aloxamento de arquivos, entre outras funcións. É escalable, vale tanto para solucións de oficina doméstica baseadas na económica Raspberry Pi ata solucións de centro de datos de tamaño completo que admiten millóns de usuarios.

Nextcloud Files ofrece unha plataforma de acceso e sincronización universal de arquivos con potentes funcións de colaboración e interfaces de escritorio, móbiles e web. Facilita a sincronización, o intercambio e a colaboración cos teus arquivos.

Pílula en vídeo sobre Nextcloud Files

 

Tedes máis información no artigo TIC publicado en Mancomún “Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Nextcloud Files, recupera o control dos teus datos

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android para xestionar a vosa empresa.

Pin It on Pinterest

Share This