RISC-V é un dos desenvolvementos con máis potencial dentro do hardware libre, sobre todo grazas a que ten o respaldo de institucións como The Linux Foundation e AMD. PicoRio, é unha placa baseada en RISC-V creada por Imagination Technologies e a startup RIOS Laboratory que pretende ser unha alternativa á Raspberry Pi (mini-PC baseado na arquitectura ARM).

Con RISC-V queren: “abrir o código fonte de tantos compoñentes como sexa posible, incluído o deseño da CPU e o SoC principal, chipset e deseño da mesma placa, os controladores de dispositivos e o firmware.” PicoRio está dirixida a desenvolvedores que desexen portar software a sistemas RISC-V e a usuarios avanzados que se acheguen ao que ofrece esta arquitectura.

Características: 4 núcleos CPU RISC-V de 64 bits a 500 MHz, 1 núcleo RISC-V de 32 bits sempre activo, GPU Imagination PowerVR, Caché L2 de 512 KB, soportará interfaces LPDDR4, USB 3.0, UART, I2 C e SPI, almacenamento con microSD.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This