PeerTube v3.1 chega con melloras nas funcións de transcodificación (proceso de converter un arquivo de son ou vídeo dun formato de codificación a outro).

A partir desta v3.1, pódense crear perfís de transcodificación instalando plugins nas instancias: perfil específico que destaque os vídeos en directo, perfil de son de alta calidade…

Os administradores poden dar unha maior prioridade aos traballos de optimización e poden diminuír a prioridade dos traballos de transcodificación en función da cantidade de vídeos subidos polo usuario nos últimos 7 días. Poden tamén, elixir o número de traballos de transcodificación simultáneos que admiten.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This