PeerTube 2.3

Luns, 3 Agosto 2020

Nova versión da plataforma descentralizada para o aloxamento e transmisión de vídeo PeerTube 2.3.

PeerTube

PeerTube é unha alternativa descentralizada, libre e gratuíta, aos servizos de difusión de vídeo actuais (rede de pequenos anfitrións de vídeos interconectados), e que ten como obxectivo ofrecer algo máis, con diferentes valores.

Peertube está financiado por unha organización francesa sen ánimo de lucro: Framasoft. Peertube non está suxeito a ningún monopolio corporativo, non depende dos anuncios e non te rastrexa.

Calquera pode aloxar un servidor de PeerTube, tamén coñecido como instancia. Cada instancia alberga aos seus usuarios e os seus vídeos. Desta maneira, cada instancia é creada, moderada e mantida independentemente por varios administradores.

Novidades de PeerTube 2.3

Destácanse algunhas melloras enfocadas ás redes federadas, optimizacións de espazo en pantalla, complemento de bloqueo automático.
Soporte para ordenar arquivos de vídeo por resolución de pantalla en orde inversa.
Descricións completas de obxectos de vídeo a través de ActivityPub.
Os moderadores teñen a capacidade de eliminar comentarios de forma masiva para unha conta determinada e deshabilitar contas.
Soporte para procura global e optimizouse o uso de todo o espazo de pantalla dispoñible ao mostrar unha cuadrícula de miniaturas.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal