Nova versión estable de Parrot OS, a 4.8 (distribución GNU/Linux baseada en Debian e deseñada para probas de penetración, avaliación e análise de vulnerabilidades, análise forense de computadoras, navegación web anónima, e criptografía).

Novidades:
Sincronizada coa base de paquetes Debian Testing, Kernel de Linux 5.4, maior soporte de hardware, MATE 1.24, traballouse na compatibilidade con Docker, soporte para formatos adicionais rpm, udeb e Zstandard.
Versións actualizadas de: anonsurf, aircrack 1.6, airgeddon 10.01, beef 0.5.0, burpsuote 2020.1, vscodium 1.43, libreoffice 6.4, metasploit 5.0.74, nodejs 10.17, postgresql 11, radare2 4.2, radare-cutter 1.10, weevely 4.0 e wine 5.0.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This