A distribución de GNU/Linux enfocada na seguridade, Parrot, ven de anunciar a súa versión 4.5. Trátase dunha distribución baseada en Debian testing e os seus usos están enfocados cara a seguridade informática, con ferramentas para realizar probas de penetración, facer análise forense de sistemas…
Dentro de tódalas novidades desta versión destacan o kernel de linux 4.19, a versión 5 de Metasploit e o abandono do soporte da arquitectura de 32 bits.

Pin It on Pinterest

Share This