Parrot 4.10 chega con Kernel 5.7 e máis novidades

Luns, 24 Agosto 2020

Nova versión de Parrot, a 4.10, popular distribución de GNU/Linux para pentesting baseada en Debian Testing e que inclúe unha colección de ferramentas para comprobar a seguridade do sistema, análise forense e enxeñería inversa.

Tamén inclúe ferramentas criptográficas e software de acceso seguro á rede (TOR, gpg, veracrypt, entre outras).

Novidades: agora está sincronizado coa base de datos de Debian Testing, kernel Linux 5.7, programador mellorado, novo módulo de sistema de arquivos ExFAT, soporte mellorado para sistema de arquivos btrfs, edición con escritorio Xfce, módulo de seguridade de GNU/Linux baseado en BPF chamado bpf-lsm e Metasploit 6.0, entre outras.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal