Panasonic e NEC lanzan nove teléfonos móbiles co sistema operativo libre LiMO

Mércores, 12 Agosto 2009

Móbil con LiMOPanasonic e NEC lanzaron onte nove modelos de teléfonos móbiles co sistema operativo de código aberto LiMo. Esta iniciativa sitúa novamente ao software libre no punto de mira do desenvolvemento no mercado da telefonía móbil, presentándose como un serio competidor nun campo frenético. LiMo é un sistema operativo libre que leva tempo dispoñíbel, pero que se mantivera, en certo modo, eclipsado polo sistema libre de Google, Android.

Estas alternativas de código aberto están adquirindo gran protagonismo ao presentarse ante moitos operadores e vendedores de móbiles como plataformas máis económicas para os seus terminais. Diversas compañías xa permitiran albiscar esta nova tendencia ao asociarse, precisamente, á LiMo Foundation; aínda que ata o de agora apenas existían exemplares que xa corresen o seu sistema operativo, alén das simples declaracións de intencións.
Agora estas dúas empresas confirman a súa aposta por LiMo co lanzamento de novos terminais -moitos deles para o mercado xaponés, onde este tipo de solucións está moi estendida- que completan unha gama na que outros fabricantes como Motorola tamén están moi presentes. Outras grandes firmas como Samsung ou LG tamén forman parte do consorcio de LiMo, mais aínda non anunciaron ningún terminal baseado neste sistema operativo.

A LiMo Foundation afirmou que a entidade avanza positivamente, posto que ademais do lanzamento destes terminais, incrementará o número de socios coa adhesión da operadora xaponesa KDDICorp e da empresa Inmersion Corp, que desenvolve pantallas táctiles.

Outros socios de relevancia da LiMO Foundation son Vodafone, Orange, NTT DoCoMo, Telefónica, ademais de Verizon en Estados Unidos. Agora queda por ver se esta plataforma é capaz de estender a súa popularidade ante uns competidores cada vez maiores.

Fonte: Muycomputer

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal