Actualidade

Un total de 90 resultado(s) para breves

WordPress 4.8 en Galego

O equipo de egalego.com, encargado da localización de WordPress ao galego, anuncia a liberación da tradución en galego para WordPress 4.8.

A versión 4.8 de WordPress, denominada Evans en honra ao pianista e compositor de jazz William John Bill Evans, xa está dispoñible para descarga ou actualización desde o teu escritorio de WordPress. As novas características da versión 4.8 engaden máis maneiras para que te expreses e representes a túa marca.

Coma sempre, se queres axudar con traducións da nova versión de WordPress, ou se atopas algún erro, ou pensas que algo non está ben traducido, podes suxerir unha tradución ti mesmo na  plataforma GlotPress é moi fácil.

Aberto o prazo para solicitar unha análise HTTPS das web do sector público

O CCN-CERT, dentro da súa campaña de impulso á implantación de HTTPS nas sedes electrónicas do sector público, abriu o prazo para solicitar unha análise dos dominios, servidores e aplicacións web de todos aquelas organismos e entidades que así o desexen.

Máis información en no portal do PAE.

Dispoñibles os recursos das xornadas de clusterización no CNTG

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impartiu un seminario sobre Clusterización o pasado 27 de marzo de 2017. Os recursos deste curso están dispoñibles para os interesados de maneira publica na propia web de CNTG.

Dispoñibles os recursos das xornadas de Ansible no CNTG

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, impartiu un seminario sobre Ansible de Red Hat o pasado 24 de marzo de 2017.

O mesmo CNTG vén de publicar na súa web os recursos empregados no mesmo seminario para que estén a dispoñibilidade de todos os interesados.

Publicados os recursos lingüísticos de GNOME 3.24

Logo da publicación de GNOME 3.24 o Grupo de tradución de GNOME ao Galego tamén anuncia a publicación dos produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.24 de tal forma que todos outros tradutores da comunidade poidan aproveitar o excelente traballo feito por este grupo.

Contribúese a localización ao idioma galego en Gogs

Gogs, o clon libre de Github feito na linguaxe de programación Go, xa dispón de internacionalización a idioma galego. A localización do software foi contribuída por David A. Lareo, activo hacker galego moi ligado á cultura libre e a xestión aberta do coñecemento (EduCaaS, FricolaB), e está incorporada ao proxecto dende o pasado 24 de decembro.

Xercode implanta a súa solución libre baseada en KOHA na Universidade de Cádiz

A biblioteca da Universidade de Cádiz estrea software libre, grazas á socia de Agasol Xercode Servizos Documentáis

Este mes de novembro activouse na Biblioteca UCA o novo sistema de xestión KOHA, de código fonte aberto con varios cambios visuais e de funcionalidades na páxina web da área de Biblioteca e Arquivo.

Nova suite ofimática de código aberto

OnlyOffice é unha aplicación ofimática para edición de documentos, follas de cálculo e presentacións, tanto para o entorno corroborativo como para o escritorio. Esta suite distribúese dende o o pasado 17 de outubro baixo os termos da licenza AGPLv3.

Esta suite ofrece soporte para documentos MS Office e todo tipo de formatos OpenDocument. A interface gráfica recibiu boas críticas en termos de usabilidade.

A ferramenta deuse a coñecer no pasado como unha suite formente enfocada á edición online Para máis información, dende o portal Ubuntizando faise unha análise ao por menor desta ferramenta.

O CDTIC amosará unha ferramenta para controlar os prezos de venda en liña

A vindeira semana, o 18 de outubro, o Centro Demostrador TIC (CDTIC), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), organizará nas súas instalacións unha sesión demostradora de balde

Lánzanse Firefox 49

A edición 49 de Firefox ten especial interese por ser a primeira versión do navegador en incorporar soporte DRM a través de Google Winevine para Linux. Esta posibilidade xa era un feito para MacOS e Windows sen necesidade de extensións externas con plugins NPAPI. Esta decisión non veu exenta de polémica, polos defensores dos estándares libres na web e en contra da inclusión de compoñentes privativos no software libre. Non obstante, foi unha decisión sopesada e debidamente razoada.

Outra das novidades relevantes, e despois de 7 anos de longo traballo e dende Firefox 48, estase a completar a migración á arquitectura multiprocesador no navegador. En Firefox 49 espérase xa que a porcentaxe de usuarios có soporte multiprocesador activo sexa total. Segundo a xente de Mozilla as capacidades de multiprocesador mellorarían a capacidade de resposta do navegador nun 400% ao tempo que reduce o risco de conxelamento.

Pax. 9 de 9« Primeiro...56789

Pin It on Pinterest