Actualidade

Un total de 3264 resultado(s) para Outras novas

A asociación Xeopesca fará unha nova edición do seu obradoiro de introdución a Arduino

Tras o éxito que tivo a realización dun obradoiro de introdución a Arduino o pasado mes de Setembro, a asociación Xeopesca realizará unha segunda edición o vindeiro venres 21 de Outubro. Terá lugar no mesmo sitio que o anterior, é dicir, no Centro do Matadoiro...

A Asociación GHANDALF impartiu dous relatorios sobre OpenStreetMap en dous centros de ensino galegos

A Asociación GHANDALF impartiu o pasado martes día 4 dous relatorios sobre o proxecto OpenStreetMap en dous centros de ensino galego, pola mañá no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, e pola tarde no IES Xulián Magariños de Negreira. En ambos casos o guión dos...

Video experiencias de empresas galegas que confían en Prestashop como solución para os seus negocios

Dentro da sección de Experiencias TIC do Centro Demostrador TIC (CDTIC), no que se están a mostrar en forma de vídeos diferentes experiencias de transformación dixital en empresas pertencentes a diversos sectores non relacionados directamente coas tecnoloxías da...

III Xornadas de acercamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo

Logotipo LIGNUX

A Asociación Educativa LiGNUx anuncia as “III Xornadas de acercamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo”.

As xornadas están organizadas coa colaboración da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e coa axuda da Universidade de Vigo (Vicerrectoria do Campus de Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática e a Facultade de Ciencias da Educación), ademais da Xunta e a AMTEGA.

Comeza a primeira fase de votacións aos Premios Portal Programas aos mellores proxectos de software libre 2016

Logo premios PortalProgramasPortalProgramas abre o prazo de votación para a oitava edición dos Premios PortalProgramas ao Mellor Software Libre do ano.

Un ano máis, o obxectivo destes premios é recoñecer aos proxectos de software libre que máis teñen contribuído ao avance tecnolóxico durante o ano, como mostra de agradecemento aos esforzo e paixón da comunidade que hai detrás de cada proxecto de software libre.

Esta primeira fase, na que calquera usuario pode votar a un dos candidatos por cada unha das categorías, estará aberta dende o 4 ata o 24 de outubro, e non é preciso rexistrarse para poder votar.

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Outubro

Xa está publicado o número 27 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de outubro.

Logo QGISO proxecto destacado este mes é o sistema de información xeográfica QGIS, de Código Aberto licenciado baixo GNU – General Public License. QGIS é un proxecto oficial da Open Source Geospatial Foundation (OSGeo). Funciona sobre Linux, Unix, Mac OSX, Windows e Android e soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos vectoriais, datos ráster e bases de datos. O caso de éxito relacionado é a migración que fixo o concello de Newcastle da súa solución SIX privativa a QGIS.

Na sección de novas destacamos diferentes experiencias de migración a software libre na cidade de Berna e por parte do exército italiano, así como diferentes iniciativas europeas encamiñadas a incentivar o emprego e mellora de datos e software libres.

No ámbito local destacamos tamén a fase final do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Software Libre.

Hackatiño de datos abertos

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) da Facultade de Informática da Universidade da Coruña retoma as actividades para a difusión e a promoción do software, hardware e a cultura libre en xeral.

Este ano colaboran con Árticos do GDG Coruña e dentro do programa Coruña Dixital centrándonse no Open Data a través do Hackatiño de Datos Abertos que terá lugar os próximos días 22 e 23 de Outubro no espazo Normal da Universidade da Coruña.

Pax. 9 de 327« Primeiro...7891011...203040...Último »

Pin It on Pinterest