Actualidade

Un total de 581 resultado(s) para Educación

Anunciados os finalistas do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

Banner do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libreO vindeiro venres 23 de outubro a partir das 15:30 horas terá lugar o acto de entrega da VIII edición do Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre que convoca a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG. O acto celebrarase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.

O pasado 30 de setembro rematou o prazo de presentación de candidatos ao premio, cun excelente nivel de participación, recibíndose un total de 13 candidatos. Igual que o pasado ano, houbo variedade de áreas, incluíndo proxectos de biolóxicas ou de industriais, ademais dos clásicos de titulacións informáticas.

A tarefa do xurado foi un ano máis complexa para escoller aos finalistas, centrándose principalmente, segundo se recollía nas bases, na valoración do correcto licenciamento dos proxectos así como o uso de metodoloxía de traballo propia dos desenvolvementos en aberto.

A Compostela maker faire este sábado en Área Central

Cartel da maker faireEste sábado 17 de outubro terá lugar a Compostela Mini Maker Faire, a primeira feira Maker Faire da historia de Galicia. Celebrarase en Área Central de 10 am a 9 pm.

Trátase dunha feira de inventores e creadores, dun escaparate da creatividade e do enxeño e un lugar para compartir coñecemento e divertirse ao tempo. Este movemento baséase na cultura do “Do It Yourself” e na aplicación dos principios do software libre á fabricación, como o intercambio de coñecementos e información que se xera nestas comunidades de profesionais.

Arduino, Impresoras 3D, Open Structures, Open Source Ecology… son só unha mostra das ferramentas que se usan.

A vindeira semana Galicia será novamente referente das tecnoloxías abertas e negocio: LibreCon 2015

  • Os días 29 e 30 de outubro, a Cidade da Cultura acollerá a quinta edición da LibreCon
  • Coñeceremos de primeira man algúns casos de éxito sobre o automóbil conectado e o “Internet das Cousas”, máis relevantes do panorama internacional
  • Por primeira vez, a LibreCon contará cun espazo adicado aos máis pequenos da familia, coa sección LibreKids
  • A asistencia é totalmente gratuíta previo rexistro: Registro LibreCon

Banner da LibreCon 2015Como xa adiantabamos o mes pasado, AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia están a organizar a quinta edición de LibreCon, a conferencia de negocio e tecnoloxías abertas, con presencia de importantes poñentes do panorama internacional.

Durante dous días, a Cidade da Cultura acollerá a responsables do mundo da empresa, a administración e a educación para coñecer as tendencias e casos de éxito baseados en tecnoloxías abertas que están facendo máis competitivas e innovadoras a empresas e administracións públicas.

Esta mesma semana deuse a coñecer a axenda completa da LibreCon onde se confirma a participación, ademais de Roberto Zompi, de GENIVI e Magnetti Marelli (grupo Chrysler-Fiat), e Victor Tuson Palau, vicepresidente de Canonical, doutros expertos de talla internacional como Dominig Ar Foll de Intel Open Source, Tin Hang Liu de Open Source Vehicle e Jim Groom creador de EDUPUNK que ofrecerán sesións maxistrais sobre o Internet das Cousas, automóbil conectado e educación.

Co obxectivo de compartir coñecemento, unha trintena de charlas e obradoiros conforman unha axenda cargada de sesións adicadas a dar a coñecer novas inciativas que amosen como as tencnoloxías libres axudan á xeración de negocio en todos os sectores de actividade. Teremos iniciativas galegas como Igalia, Staticboards, CESGA, AGASOL, que moito teñen que dicir e aportar a un sistema socioeconómico en constante cambio; iniciativas estatais como ASPGems, Irontec, IBM, SuSE ou Teléfonica e de organizacións como a Junta de Andalucía ou a Universidade de Granada, entre outros. A zona expositiva, premios e actividades sociais, completan dúas xornadas repletas de tecnoloxía. 

A linguaxe de programación libre Scratch está a protagonizar na nosa comunidade a Semana da Programación da Unión Europea

  • O pasado sábado 10, uns trinta nenos e outros tantos profesores compartiron unha xornada no Gaiás aprendendo e gozando da informática a través do Scratch
  • Do 13 ao 16 de outubro, desenvólvese tamén a actividade de formación para docentes “Programación con Scratch”

Cartel do scratch dayEnte o 10 e o 18 de outubro celébrase a terceira edición da Semana da Programación da Unión Europea, iniciativa popular organizada por voluntarios que promoven a programación de ordenadores como método que axuda a mellorar as capacidades de resolución de problemas, a comunicación , a colaboración e a creatividade.

Sumándose a esta iniciativa, o pasado sábado 10 de outubro, arredor de trinta nenos, de entre sete e quince anos, acompañados dun adulto, se achegaron dun xeito lúdico ao mundo da programación con software libre no “Scratch Day”, unha xornada organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Pola súa parte a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enseñaría en Informática (CPEIG) están a desenvolver a actividade de formación do profesorado “Programación con Scratch”, un curso que se está a impartir no CAFI e en todos os CFR. Consta de 16 horas que impartirán especialistas do CPEIG en sesións de 4 horas que comezarán o martes 13 e rematarán o venres 16.

Mañá remata o prazo para participar no Premio ao mellor traballo universitario con licenza libre

Mañá 30 de setembro é o último día para inscribirse ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, convocado pola Amtega.

Banner do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

Unha vez rematado o prazo, o xurado seleccionará aos finalistas que presentarán o seu traballo no acto de resolución do premio que se celebrará o día 23 de outubro de 2015, a partir das 15:30 horas, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

A día de hoxe hai xa 7 participantes inscritos e agardamos recibir mais inscricións de última hora dos proxectos defendidos nas convocatorias de setembro como ten sucedido en anos anteriores. Dende aquí animamos a todos os que teñan presentado proxecto de fin de carreira, fin de grao ou fin de mestrado que se animen a participar neste premio.

Lembrar que o premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ outorgado polo CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria) e a posibilidade de conceder un segundo premio de 750€, outorgado pola asociación universitaria GPUL (Grupo de programadores e usuarios de Linux).

Novos cursos de formación LPI no CNTG

Logo de Linux EssentialsO CNTG vén de incorporar na súa programación formativa 2015/2016 un curso de Linux Essentials (LE) de LPI. Este curso está pensado para iniciarse no uso de sistemas GNU/Linux así como no itinerario formativo de LPI.

A principal novidade é que se trata dun curso que se vai impartir na modalidade de teleformación titorizada, cun total de 50 prazas dispoñibles. O curso terá unha duración de 70 horas e contará co complemento de 5 seminarios web que serán gravados e poderán ser seguidos en directo polo alumnado ou, de ser o caso, visualizados con posterioridade.

Por outra parte, o sistema de admisión de alumnos a este curso tamén é unha novidade. Seleccionaranse entre os/as candidatos/as inscritos/as en calquera das dúas edicións do curso de administración de sistemas operativos Linux (LPI1) que, tras presentarse á proba de selección de dito curso, non acadaran praza no mesmo.

A tradución de Moodle ao galego supera o 85%

Logo de MoodleA semana pasada, a Oficina de Software Libre do CIXUG anunciaba que viña de facer unha das maiores contribucións á localización de Moodle á nosa lingua.

Segundo dan conta no anuncio, durante o mes de agosto enviaron un total de 14.753 cadeas (máis de 21.000 palabras) á versión estable de Moodle, a 2.9.1. Grazas a esa achega, pasouse dunha porcentaxe de tradución do 77% ao 86%, pasando así o galego a formar parte dos 30 idiomas nos que Moodle está traducido en máis dun 80%.

Dende este momento, calquera instalación de Moodle pode actualizar o paquete do Galego de xeito automático a través da plataforma de tradución que proporciona Moodle aos tradutores dos máis de 100 idiomas nos que está dispoñible. Cómpre destacar que aínda que os traballos foron remitidos á última versión de Moodle, a versión 2.9, a ferramenta de tradución fai unha propagación das cadeas cara as versións anteriores polo que as instalacións de Moodle non actualizadas tamén poderán tirar proveito deste traballo e obter unha actualización do paquete de idioma.

A Amtega organiza un ciclo formativo de solucións libres dirixido ao terceiro sector

  • A AMTEGA en colaboración coa Rede Galega Contra a Pobreza organizan un ciclo formativo de solucións libres.
  • Dende o 10 de setembro o Centro Demostrador TIC acollerá diferentes obradoiros de solucións libres orientadas ás entidades do terceiro sector.
  • O ciclo culminará o 22 de outubro cunha Xornada de experiencias de uso de Software Libre para o Terceiro Sector para a que está aberto o prazo de envío de proposta de participación ata o 14 de setembro.

A Amtega, en colaboración coa Rede Galega Contra a Pobreza, organizan un ciclo formativo sobre diferentes solucións libres orientadas ás entidades do terceiro sector. Este ciclo constará dun total de 35 horas de formación repartidas en 6 obradoiros prácticos sobre diferentes solucións libres e 2 obradoiros de desenvolvemento sobre o xestor de contidos Drupal e rematará cunha xornada de presentación de experiencias de uso de software libre no terceiro sector.
Xornadas de Software Libre para o Terceiro Sector
O obxectivo deste ciclo de obradoiros é achegar as posibilidades que ofrece o software libre ao terceiro sector, dun modo práctico a través da presentación de casos de éxito. Así presentaranse solucións para a creación de portais webs, para a participación colaborativa a través da web, para a compartición de  ficheiros na nube, para a xestión de asociados e captación de fondos e falarase sobre a importancia dos datos xeográficos libres para as actuacións sobre o terreo.

Xa e posible inscribirse nos obradoiros que se organizan no mes de setembro a través da web do CDTIC:

  • 10-09-2015 Coñece que pode facer o software libre pola tua asociacion (3.5h)
  • 15-09-2015 Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel básico (7h)
  • 17-09-2015 Monta a web da túa asociación con Wordpress (3.5h)
  • 22-09-2015 Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel avanzado (7h)
  • 24-09-2015 Ferramentas libres de participación, colaboración e toma de decisións en rede dispoñibles para o 3º sector (3.5h)

Petición de contribucións para a Xornada de experiencias de Software Libre para o Terceiro Sector

  • O 22 de outubro a AMTEGA organiza a Xornada de experiencias de Software Libre para o terceiro Sector.
  • A achega de contribucións de entidades sobre a súa experiencia no uso de Software Libre está aberta ata o 14 de setembro.

Como peche do ciclo formativo de Software Libre para o terceiro sector que desenvolve a AMTEGA en colaboracion coa Rede Galega contra a Pobreza, o xoves 22 de outubro celebrarase na Santiago de Compostela a Xornada de difusión de experiencias de uso de software libre no Terceiro Sector dirixida ás  ONGs, ONGDs, Asociacións e colectivos de voluntarios.

Esta xornada ten por obxectivo achegar ás entidades experiencias do propio terceiro sector de implantación e uso de solucións TIC libres que lles permitan mellorar o xeito en que se xestionan, a súa operativa diaria e a súa organización. Ademais, busca tamén servir de punto de encontro para as entidades do terceiro sector no que poder compartir experiencias e boas prácticas no uso das TIC, particularmente con licenza libre.Xornadas de Software Libre para o Terceiro Sector

Ata o próximo 14 de setembro está aberto a petición de contribucions e propostas de relatorios por parte tanto de voluntarios dixitais con experiencia en software libre ou asociacións de usuarios de software libre, como por parte de entidades de acción social que xa estean empregando software libre na súa xestión ou actividade diaria, e que desexen achegar a súa experiencia a outras entidades ou empresas ou entidades implantadoras de solucións libres.

A Amtega convoca a VIII edición do Premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

  • Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano académico 2014-2015.
  • O premio ten unha dotación económica de 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500 euros e un segundo premio de 750 euros e grazas á achega do CIXUG e a asociación universitaria GPUL.
  • O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de setembro de 2015.

Cartel do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un ano máis o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, que vai xa pola súa VIII edición. O premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e a posibilidade de outorgar un segundo premio de 750€, se o xurado o considera adecuado pola calidade dos proxectos presentados.

Os patrocinadores desta edición son o CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria), cunha achega de 1.500€ e a asociación universitaria GPUL (Grupo de programadores e usuarios de Linux) cunha achega de 750€, ambos ao abeiro dos respectivos convenios de colaboración asinados coa Amtega para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia.

Pin It on Pinterest