Actualidade

Un total de 3259 resultado(s) para Outras novas

A rexión francesa de Midi-Pyrenees sede da cuarta edición dos Encontros Rexionais de Software Libre

A rexión francesa de Midi-Pyrenees celebrou a cuarta edición dos seus Encontros Rexionais de Software Libre, na cidade de Toulouse. Estes encontros teñen por obxectivo xuntar á toda a comunidade de software libre desta rexión, servindo como punto de encontro no que...

Estudo comparativo sobre a seguridade no software libre fronte ao software desenvolvido polas institucións europeas

Segundo un estudo comparativo levado a cabo pola Unión Europea, os desenvolvedores de proxectos de software libre preocúpanse en xeral máis pola seguridade no código fonte que os desenvolvedores que traballan para as institucións europeas.

O estudo, que pode ser integramente consultado na seguinte ligazón, compara os métodos de seguridade empregados polas comunidades de software libre e os proxectos desenvolvidos nas institucións europeas, chegando á conclusión de que aínda que nestas últimas están dispoñibles moitas ferramentas para testeo e seguridade do software, o seu uso non é unha práctica estendida.

O goberno federal de Estados Unidos está a piques de lanzar o seu repositorio de software

Como parte da súa política de software libre, na que cada axencia do goberno debe publicar polo menos o 20 por cento do software que desenvolve como software libre, e da que xa nos facíamos eco no mes de agosto, o goberno federal estadounidense vén de anunciar a...

A asociación Xeopesca fará unha nova edición do seu obradoiro de introdución a Arduino

Tras o éxito que tivo a realización dun obradoiro de introdución a Arduino o pasado mes de Setembro, a asociación Xeopesca realizará unha segunda edición o vindeiro venres 21 de Outubro. Terá lugar no mesmo sitio que o anterior, é dicir, no Centro do Matadoiro...

A Asociación GHANDALF impartiu dous relatorios sobre OpenStreetMap en dous centros de ensino galegos

A Asociación GHANDALF impartiu o pasado martes día 4 dous relatorios sobre o proxecto OpenStreetMap en dous centros de ensino galego, pola mañá no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, e pola tarde no IES Xulián Magariños de Negreira. En ambos casos o guión dos...
Pax. 8 de 326« Primeiro...678910...203040...Último »

Pin It on Pinterest