Que vantaxes ten usar software libre?
O software libre ten certas vantaxes respecto do software privativo. Algunhas delas son máis evidentes para usuarios particulares, outras para empresas e outras para a Administración Pública.
- Respecto dos estándares. O software libre polo xeral segue fielmente os estándares abertos, o que facilita a interoperabilidade entre distintas organizacións.
-
Económicas
-
Adquisición:
-
de balde: software dispoñíbel para a súa descarga de Internet xa listo para a instalación e uso.
-
previo pagamento: é posiíbel que certo software especializado deba ser mercado, aínda que polo xeral será cun custo inferior ao do software privativo equivalente, coa vantaxe engadida de que esta adquisición pódese afrontar cooperativamente entre varias empresas, asociacións, persoas …
-
-
Non existen custos de licenza de uso do software, nin relativos ao número de usuarios, nin de equipos, nin de organizacións.
-
Hardware. En moitas ocasións, as novas actualizacións de software privativo precisan ampliacións de hardware pois polo xeral consomen máis recursos. Co software libre, na maioría dos casos, é posíbel obter maior rendemento en equipos con menos recursos.
-
-
Independencia de fornecedor. O feito de dispoñer do código fonte dá a posibilidade de optar por un provedor distinto ao que desenvolveu ou implantou o software. Isto supón non estar ligado ás condicións de mercado impostas por empresas de software que algunhas veces teñen situacións de monopolio ou de obter mellores ofertas ao existir maior competencia.
-
Continuidade. No software privativo, se o fabricante deixa de fabricar o produto ou cambia as súas funcionalidades porque non son rendíbeis, non temos máis alternativa que aceptar a súa decisión. Co software libre é posíbel que calquera usuario continúe o desenvolvemento do produto de software.
-
Posibilidade de adaptación ou personalización. O acceso ao código fonte posibilita a personalización do software para adaptalo ás necesidades concretas da empresa.
-
Localización. O software libre pode ser fácilmente traducido para ofrecer adaptación ao galego, o que non adoita ser frecuente en software privativo.
-
Maior seguridade e fiabilidade. O desenvolvemento en colaboración e de forma pública garante a maior calidade do desenvolvemento. O software é auditado a cotío pola comunidade de usuarios. Actualmente GNU/Linux é inmune perante a inmensa maioría de virus informáticos que afectan case con exclusividade aos sistemas Windows.
-
Calidade. O software libre, ao ser de dominio público, está sendo usado e depurado a cotío por un gran número de desenvolvedores e usuarios, que engaden e demandan novas funcionalidades.