Actualidade

Un total de 581 resultado(s) para Educación

Orballo Printing: Impresión dixital 3D Open Source en galego

Logotion Orballo PrintingA empresa Orballo Printing estase a labrar un nome relevante no mundo do impresión dixital 3D a base de Open Software e Open Hardware e o está a facer a nivel internacional. Esto, que pode ser o caso típico de empresa foránea, ocorre desta volta na casa. Orballo Printing ten a súa sede en Vigo e dende ela comercializa o seu produto estrela a impresora 3D Prusa Steel hacia todas as partes do mundo.

O factor diferencial clave desta volta para esta empresa é a súa aposta pola filosofía de compoñentes abertos e sen patente e pola coidado polo control da cadea de produción que consegue grazas a traballar na totalidade con provedores da contorna. Estos dous factores son os que, en combinación, estanlle a granxear a Orballo Printing un éxito notorio que está a ser acollido con agrado polas comunidades maker non só no ámbito local se non tamén as espalladas por todo o mundo.

iVIS, plataforma sueca de e-servizos de software libre para escolas, comezará a funcionar o próximo mes de setembro

Aplicación incidencias iVISiVIS é un proxecto levado a cabo pola Asociación de Municipios para o Desenvolvemento Conxunto de e-servizos en Suecia. A idea é desenvolver unha plataforma de software libre que permita crear diferentes aplicacións administrativas para as escolas, tanto para equipos de sobremesa como para dispositivos móbiles. É un proxecto financiado tamén en parte pola Axencia Sueca de Innovación.

O próximo mes de setembro, co comezo do novo curso académico comezará a funcionar a primeira fase do proxecto con algún dos desenvolvementos que xa están realizados. 

INRIA presentou o seu proxecto para a salvagarda de toda a herdanza do Código Aberto

Software HeritageSoftware Heritage foi presentado na Debconf16 celebrada a pasada semana en Cidade do Cabo. Trátase, en palabras dos seus responsables, de "recompilar e preservar o software en formato de código aberto, xa que os programas incorporan o noso coñecemento técnico e científico e a humanidade non pode correr o risco de perdelo. O software é unha parte preciosa do noso patrimonio cultural, polo que a nosa intención é facer de garante da accesibilidade de todo o software recollido polo proxecto, porque só a través da posta en común pódese garantir a súa conservación a moi longo prazo".

Nova edición do curso de Análise estatística con Rcommander, organizado pola OSL do CIXUG

Imaxe do curso na aula virtual do CIXUG45 novos docentes serán formados na linguaxe estatística R a través da súa contorna gráfica RCommander na nova edición do curso en liña organizado pola OSL do CIXUG coa colaboración dos diferentes servizos de formación do profesorado das 3 universidades galegas.

Así, durante os meses de setembro e outubro desenvolverase na aula virtual do CIXUG: cursos.cixug.es unha nova edición do curso en liña de Análise estatística con Rcommander.

As Cortes de Aragón apostan pola continuidade de VITALINUX nos centros educativos

Todos os grupos parlamentarios das Cortes de Aragón optaron pola continuidade de VITALINUX Proxecto EDU durante o curso 2016-2017 e a súa extensión a todos os centros públicos que queiran. A proposta obtivo o apoio do hemiciclo por tres puntos dunha iniciativa en materia de redes e software libre en ordenadores nas escolas.

O obxectivo da proposición é o de promover o software libre para o sistema educativo con proxectos e recursos técnicos e humanos para poder desenvolver un sistema baseado en licenzas abertas en aliñamento coas directrices marcadas pola Agenda Digital Europea 2020.

Comenza o V Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación

Mañá día 30 de Xuño comenza o V Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación. A inauguración do congreso terá lugar as 15:45 horas no salón principal do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela, mais dende as 15:00 horas da tarde os asistentes poderán xa acceder ao recinto para o rexistro de asistencia e a recollida de documentación.

Proxecto europeo para a elaboración de materiais formativos para consultoría e implantación de software libre nas pemes

Imaxe da presentación do proxecto na OpenExpoEspecialistas en formación TIC e institucións de ensino de grao superior de diversos países europeos participan no proxecto Cissos, un proxecto europeo ERASMUS+ coordinado dende o CFTIC (Centro de Formación en TIC) da Comunidade de Madrid co obxectivo de crear un curso de formación para estudantes de forma que ao finalizalo sexan quen de realizar unha consultoría de selección e implantación de servizos na nube con licenza libre para as pemes.

O director do CFTIC, Javier Rodríguez Pascua, presentouno na conferencia OpenExpo 2016 en Madrid, da que se fixo eco o portal JoinUP. A principal motivación que os moveu para propoñer este proxecto é cubrir unha necesidade das pemes. “As pemes non teñen os recursos necesarios para investir en modernización, así que crearemos un curso de 200 horaa e prepararemos consultores e integradores de servizos TIC centrándonos en solucións libres para pemes

Unha vez desenvolvido o material do curso, será probado en España e Gran Bretaña, a través dun intecambio de estudantes que farán as prácticas do aprendido en empresas do outro país respectivamente.

EIRO o robot galego Open Source para robótica educativa

Robot EIRO

Neukos Robotics, empresa compostelá de recente creación, vén de abrir unha iniciativa na plataforma de crowdfunding Goteo para o creación e publicación dun kit de robótica educativa.

Trátase do proxecto EIRO, un kit de robótica educativa para a montaxe dun robot humanoide programable de código aberto baseado na plataforma Arduino con pezas fabricadas mediante impresión 3D, cuxo firmware e guía de uso serán publicados tamén con licenza libre.

EIRO é un proxecto que permite salvar as limitacións impostas polos fabricantes de robots convencionais, dado que a esencia Open Source posibilita a súa modificación con total liberdade. Así o usuario poderá modificar se o desexa tanto o seu deseño estrutural, como a súa arquitectura hardware e o seu código interno.

Pablo Castro da FIC da UDC gaña un do premios do Concurso Universitario de Software Libre

O pasado xoves 5 e venres 6 de maio tivo lugar na Escola Técnica superior de Enxeñería Informática de Sevilla a fase final da décima edición do Concurso Universitario de Software Libre, onde participaron máis de 75 estudantes de toda España e se expuxeron 47 proxectos de código libre.

Pablo Castro, estudante da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña resultou premiado na categoría de Mellor proxecto de tecnoloxías móbiles, co seu proxecto VACmatch, para a xestión de competicións deportivas con software libre.

Na imaxe, posan os galardonados nesta edición do Curso Universitario de Software Libre

Seminarios sobre Big Data e cloud con software libre no CNTG

Imaxe do CNTG

O CNTG organiza durante o mes de maio diversos seminarios sobre Big Data e cloud baseados no uso de ferramentas libres. Así, o 12, 18 e 23 de maio respectivamente terán lugar nas súas instalacións os seminarios:

O acceso a calquera dos tres seminarios, é de balde e condicionado ao aforo do local, polo que se recomenda realizar a inscrición previa en liña a través do portal web do CNTG. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. A data límite de inscrición é o día antes de cada un dos seminarios.

As persoas interesadas en asistir a estes seminarios que non poidan desprazarse a Santiago, poden consultar na rede de aulas CeMIT, http://cemit.xunta.es, cal é a aula CeMIT máis próxima ao seu domicilio na que se vai emitir o evento e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

Pax. 7 de 59« Primeiro...56789...203040...Último »

Pin It on Pinterest