Actualidade

Que é unha distribución GNU/Linux?

Unha distribución GNU/Linux é, en poucas palabras, o sistema operativo GNU/Linux integrado cun conxunto de aplicativos, de xeito que a súa instalación sexa o máis sinxela posíbel o que permite obter, nuns poucos pasos, un sistema totalmente funcional.

Pódese pensar nunha distribución como nunha pirámide formada polo núcleo Linux, as utilidades GNU do sistema operativo, un contorno de xestión do escritorio e os aplicativos de usuario. Ademais a distribución levará un idioma predeterminado xunto cun aplicativo de instalación do sistema máis ou menos automatizado.

Existen numerosas distribucións, a diferenza entre elas está nas ferrementas de instalación e configuración, os aplicativos que veñen incluídos, o sistema de paquetes para a instalación de novos aplicativos, o contorno de escritorio, etc.

Normalmente as distribucións fanse para un mercado particular ou un tipo de función específica, por exemplo:

  • contornos educativos

  • contorno empresarial

  • universidade

  • usuario final

  • servidores…

Pódense consultar nesta páxina as distintas distribucións existentes.

Existe software libre para Windows?

Si, existe software libre para diversos sistemas operativos, entre os que están Windows, MAC/OS, Unix e todas as distribucións GNU/Linux.

Unha pequena escolma de aplicativos libres para Windows, alternativos aos aplicativos habituais de escritorio é a seguinte:

  Aplicativo
Alternativa libre
Internet Internet Explorer Mozilla Firefox
Outlook Express Thunderbird
Outlook Thunderbird+Calendar
MSN Amsn
 Ofimática Ms Office OpenOffice
Multimedia  Winamp Zinf 
 Windows Media Player VLC
  Utilidades Winzip, winrar  7zip
 Adobe distiller PdfCreator

Pódese atopar unha relación maior na seguinte ligazón .

O Concello de Zaragoza migra os escritorios a software libre

A Concellería de Ciencia e Tecnoloxía, a través do Centro Municipal de Informática do Concello de Zaragoza comezou o seu Plan de Migración a Software Libre nos postos de escritorio. Todas estas accións, e específicamente aquelas que se desenvolven no ámbito do SL, defínense na liña de acción “Zaragoza Aberta”, dentro do marco recollido no documento de outubro de 2003 “Zaragoza cara á Sociedade do Coñecemento”.

É o mesmo software libre que GNU/Linux?

Existe unha grande confusión entre ambos termos porque GNU/Linux (moitas veces referido como Linux) é o máximo expoñente do software libre, mais son cousas diferentes.

GNU/Linux é un sistema operativo libre. Linux, creado por Linus Torvalds; constitúe só o núcleo de sistema operativo, á parte do sistema que xestiona en baixo nivel os recursos de hardware proporcionando unha capa de abstracción para un acceso máis sinxelo e seguro desde os aplicativos ao hardware. O resto de compoñentes do sistema operativo (compilador, intérprete de comandos…) foron desenvolvidos polo proxecto GNU , polo que o seu promotor Richard M. Stallman defende o nome GNU/Linux para darlle crédito a ambos proxectos.

O software lbre é calquera software que garante as 4 liberdades definidas por Richard Stallman. Entre os que as cumpren atópase GNU/Linux, pero non é o único. Existen multitude de aplicativos libres. Algúns deles son: OpenOffice, e Firefo, Amsn, etc. Na sección de Ligazóns atópanse sitios web onde buscar estas e outras aplicacións.

Que significa copyleft?

O termo copyleft describe un concepto totalmente oposto ao de copyright.

Toda obra realizada baixo copyleft pode ser copiada e/ou distribuída sen ter que pagar un canon ou incumplir unha lei. Así, e nun contorno non legal, o copyleft pode considerarse como oposto ao copyright.

As normas do copyright (dereito de autor), son vistas polos defensores do copyleft como un xeito de restrinxir o dereito de facer e redistribuií copias dun traballo determinado e, deste xeito, parar a libre divulgación do coñecemento.

Un traballo baixo copyleft garántese que se poida usar, modificar e redistribuír, tanto o propio traballo como as versións derivadas del.

Este tipo de licenzas pódense aplicar a unha diversidade de traballos, tales como o software, a literatura, a música e a arte.

Os vocábulos ingleses "right" e "left" significan "dereita" e "esquerda", respectivamente, o que acentúa a diferenza entre ambos termos.

Pax. 656 de 659« Primeiro...102030...654655656657658...Último »

Pin It on Pinterest