Actualidade

O STSI beca con 48.000 euros vintecatro proxectos de fin de carreira baseados en Software Libre

Becas proxectos software libreOs premios concedéronse no marco da convocatoria dos Premios de Software Libre 2005. Concedéronse becas de 2.000 euros a 24 produtos de Software Libre presentados para estudantes de universidades catalás como proxectos de fin de carreira e traballo de procura do DEA, e a 2 produtos de software informático que proporcionan recursos lingüísticos para a lingua catalá con licenzas libres…

Brasil e Arxentina incorpóranse á Rede de Administracións Públicas polo Software Libre

La Farga Durante a primeira xornada do sétimo Foro Internacional de Software Libre (FISL) que se celebra estes días en Porto Alegre, Brasil e o Arxentina, ademais, dos estados brasileiros de Paraná e Sergipe e o concello de Itajaí-Brasil anunciaron a súa incorporación á Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre

VI Jornadas sobre Software Libre organizadas por GPUL

Gpul LogoA asociación GPUL ven de anunciar a celebración das VI Xornadas sobre Software Libre, que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña dos días 24 ó 28 de Abril de 2006. O programa final das Xornadas, así como a opción de preinscribirse (que non é necesario salvo desexo de certificado de asistencia, pódese consultar en http://www.gpul.org/jornadas06.

Máis información na Axenda de eventos ou na propia web.

O Concello de Madrid e Sun Microsystems seguen apostando polo Software Libre

O Concello de Madrid anunciou a renovación do seu acordo con Sun Microsystems para distribuír gratis entre os madrileños o paquete ofimático StarOffice e o sistema Linux de escritorio Java Desktop System. O valor potencial deste acordo é estimado polo Consistorio en máis de 500 millóns de euros.

Plataforma Open Cities para a e-Administración

A solución proposta por Ándago e a Universidade Politécnica de Madrid (UPM) ten como obxetivo dotar ás entidades locais de ferramentas baseadas en software libre para a prestación de servizos públicos.

Ándago, compañía especializada en solucións e servizos de TI en contornas abertas, desenvolveu en colaboración coa Facultade de Informática da UPM un proxecto denominado Plataforma de Administración electrónica Orientada a Procesos, Documentos e Servizos…

Pax. 652 de 659« Primeiro...102030...650651652653654...Último »

Pin It on Pinterest