Actualidade
Que significa copyleft?
O termo copyleft describe un concepto totalmente oposto ao de copyright.
Toda obra realizada baixo copyleft pode ser copiada e/ou distribuída sen ter que pagar un canon ou incumplir unha lei. Así, e nun contorno non legal, o copyleft pode considerarse como oposto ao copyright.
As normas do copyright (dereito de autor), son vistas polos defensores do copyleft como un xeito de restrinxir o dereito de facer e redistribuií copias dun traballo determinado e, deste xeito, parar a libre divulgación do coñecemento.
Un traballo baixo copyleft garántese que se poida usar, modificar e redistribuír, tanto o propio traballo como as versións derivadas del.
Este tipo de licenzas pódense aplicar a unha diversidade de traballos, tales como o software, a literatura, a música e a arte.
Os vocábulos ingleses "right" e "left" significan "dereita" e "esquerda", respectivamente, o que acentúa a diferenza entre ambos termos.
Begins : A revista de software libre e código aberto
En Chile acábase de liberar, durante o Flisol 2006, o primeiro número dunha revista adicada ó software libre: Begins.
Para descargar o 1º número da revista clicar aquí.
Para ver a noticia completa clicar na seguinte ligazón.
Como desenvolver proxectos libres con éxito
No desenvolvemento de proxectos libres existe unha parte técnica que é, indudablemente, moi importante. Sen embargo, moitas veces esquecemos a parte máis “social” que pode facer que un proxecto libre sexa exitoso ou o máis rotundo fracaso.
O concello de Barcelona alfabetiza en software libre
Charla do creador de Cherokee.
O vindeiro xoves 30 de Marzo, Álvaro López, dará unha charla titulada “Haciendo el indio con Cherokee”
Alvaro López é o español creador do novo servidor web libre Cherokee , que presenta coma unha alternativa máis potente e áxil que o Apache.
A charla terá lugar na Universidade Europea de Madrid.
Fonte: UEM
Marcelo D'Elia Branco visitará o CESGA
Organización para a defensa e promoción do ODF. Odf Alliance.
O 3 de marzo de este ano xurdiu a ODF Alliance .
A Alianza ODF busca promover o emprego do Open Document Format (ODF), para permitir que o sector público teña un maior control e xestión sobre os seus documentos, informacións e rexistros. …
As 20 mellores tipografías libres
Na seguinte ligazón (en inglés), temos unha recopilación cas mellores tipografías con licencia libre dispoñibles na internet.
Algunhas destas fontes teñen licencia GPL. Outras sen embargo foron “liberadas” baixo a recente licencia SIL Open Font license, pero que todavía non é considerada libre polo estricto filtro de Debian.
A ligazón pasará a estar dispoñible na sección de ligazóns da web