Actualidade

Dispoñible on-line a documentación das Xornadas da OSLUCA.

Durante os días 20 e 21 de Abril tiveron lugar as III Xornadas de Software Libre organizadas pola OSLUCA :Oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz.
Nestas xornadas entregóuselles aos asistentes un cd con toda a documentación xerada nas xornadas, actas das presentacións, así como unha recopilación de documentación relacionada co software libre.

Agora o contido deste CD está accesible dende a súa web
 
Fonte: OSLUCA 

Latinux, empresas latinas únense para promocionar o uso de GNU/Linux e o Software Libre

Un dos acordos importantes do Forum Internacional de Software Libre de Porto Alegre foi a creación dun consorcio de cooperación internacional, Latinux, por parte de 6 empresas de Brasil, Porto Rico e Estados Unidos, para atender a América Latina en solucións de Software Libre. Este acordo dá continuidade ás negociacións iniciadas no Linux World Expo 2006, en Boston, EUA, e en Lacfree 2005, en Recife, Brasil.

Bolsas da UDC para apoio e colaboración en tarefas de promoción e difusión do Software Libre

Logo da web da UDCO obxetivo desta convocatoria é a adxudicación de dúas bolsas para colaborar co Servizo de Informática e Comunicacións (SIC) nas tarefas de promoción e difusión do Software Libre e de código aberto aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña.
 
Máis información sobre as bolsas na seguinte ligazón.
 
Pax. 600 de 608« Primeiro...102030...598599600601602...Último »

Pin It on Pinterest