Actualidade

Informática, lingua e outras asociacións

Acabamos de engadir dous apartados á sección Movemento asociativo de mancomun.org. A primeira, Informática e lingua, fai referencia ás asociacións ou agrupacións que xa levan tempo localizando software e que teñen como principal obxectivo o galego no eido da informática. A segunda, Outras asociacións, tenta amosar aquelas agrupacións que teñen no software libre un medio natural para o seu traballo.
 
A intención de mancomun é sumar esforzos e non restalos, polo que as listaxes das agrupacións non son pechadas. Se pertences a outra asociación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto.

e-Gallaecia 2006 adica unha tarde ao Software Libre

e-gallaecia Do 14 ao 16 de xuño, na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase a VI Tech Business Week que organiza o foro e-Gallaecia. O programa xa está dispoñible e o xoves 15 de xuño haberá toda unha sesión de xornadas adicadas ao Software Libre. Estarán moderadas por Roberto Santos e participarán, entre outros, os responsables informáticos da Universidade de A Coruña e da Universidade de Santiago.

Nokia abre o código do seu navegador para móbiles

Esta iniciativa pretende animar á industria de teléfonos móbiles a estandarizar os navegadores Web. Nokia abriu o código fonte do browser móbil que desenvolveu o ano pasado. Os desenvolvedores poderán adaptalo para diferenciar as ofertas ao usuario final. O código está dispoñible a través de WebKit Open Source Project en www.webkit.org
 
Fonte.-  IDG.es

O presente de VoIP na comunidade Open Source

Cada vez son máis as ferramentas de mensaxería instantánea utilizadas polos internautas de todo o mundo. Estas ferramentas compiten unhas coas outras ofertando novas características. Entre estas, a mensaxería instantánea escrita, transmisión de arquivos, conversacións de voz (VoIP) e a videoconferencia son as de maior aceptación.

Neste artigo imos amosar os proxectos Open Source máis importantes a día de hoxe en materia VoIP. Esto non significa que non existan máis proxectos na comunidade de Internet. Os que imos analizar son: Gizmo 2.0, OpenWengo 2.0, Ekiga 2.0. …

Pax. 595 de 608« Primeiro...102030...593594595596597...600...Último »

Pin It on Pinterest