Actualidade

Debian GNU/Linux 3.1r4 lanzado

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png Anunciouse  o lanzamento da cuarta revisión da distribución estable Debian GNU/Linux 3.1 (“sarge”).

Esta nova versión engade principalmente correccións a problemas de seguridade que apareceron na versión estable así como uns poucos axustes a problemas de seguridade.

A actualización a esta revisión faise xeralmente por medio da ferramenta de paquetes  [[APT]], usando algún dos moitos mirrors FTP ou HTTP dispoñibles...

Oracle Enterprise Linux

 Oracle fixo pública a súa distribución Oracle Enterprise Linux totalmente orientada ó ámbito empresarial. É un produto derivado de Red Hat Enterprise AS 4 polo que ten o mesmo aspecto que o sistema do “Sombreiro Roxo” pero sen logos.

A empresa di que a súa confianza en GNU/Linux é máxima e ofrece un servizo de soporte para GNU/Linux chamado “Oracle Unbreakable Linux”  (Oracle Linux indestructible) para os clientes con produtos Oracle.

Proxecto LinuxEnClase

 LinuxEnClase é un proxecto orientado á implantación de GNU/Linux no ámbito educativo. TSSystems é unha empresa tecnolóxica especializada en solucións GNU/Linux y *BSD, encargada da implantación deste proxecto.

Como experiencia piloto, estase a realizar a migración total a GNU/Linux no centro San Juan Bosco  (Salesianos) de Cartagena. A distribución GNU/Linux elexida para esta migración é Edubuntu.

Versión beta da plataforma de teleformación Dokeos LMS 1.8

A plataforma libre de e-learning Dokeos LMS 1.8 está dispoñible na súa versión beta. Trátase dunha ferramenta  de teleformación desenvolvida por unha empresa belga e que xa está traducida a 34 idiomas. Actualmente emprégana máis de 1.000 organizacións.  Unha empresa  galega,  Contidos  Dixitais , é o único partner que ten en España.

Pin It on Pinterest