Actualidade

A Deputación de Toledo empregará unha plataforma libre

A Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a empresa de Software Libre Ándago traballan conxuntamente en Open Cities, unha iniciativa subvencionada polo programa Profit para crear unha plataforma telemática de e-Administración dirixida a entidades locales. Open Cities está orientada a procesos, documentos e servizos.

A Deputación de Toledo converterase na primeira administración que adoptará un
modelo de e-administración coa plataforma Open Cities.

IES Chan do Monte: Caso de éxito con Software Libre

Logo IES Chan do Monte O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín é un centro que conta con varios ciclos de FP, ademais de ESO e Bacharelato, entre outros. Durante o curso 2005/2006 fixeron unha implantación de Software Libre, previa planificación para a súa adopción. Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron económicos e a obriga de cumprir coa legalidade nas licenzas de software.

Nace mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre

Actualización: Descarga (odt , pdf) da presentación da Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez.

A Xunta de Galicia, a través da súa Consellería de Innovación e Industria , presenta hoxe ás 12:00, no Salón Pequeno (número 2) de San Caetano en Santiago de Compostela, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”. O acto estará presidido por Fernando Xavier Blanco Álvarez, Conselleiro de Innovación e Industria, que explicará as principais liñas de traballo da Consellería en materia de Software Libre. A continuación, a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela Martínez, presentará os principais datos do “Estudo sobre a implantación do Software Libre en Galiza ”.

Segundo a [[galipedia]] (a wikipedia en galego), Úsase o termo mancomún para referirse a unha unión de persoas, esforzos, intereses, institucións ou cousas para acadar un determinado fin común, ou atender servizos e problemas comúns.

Neste sentido, “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre” nace coa intención de ser un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade. Pretende, ademais, ser un espazo de traballo conxunto que integre e dinamice aos diferentes axentes que están a traballar neste eido en Galiza: empresas, universidades e centros de ensino, concellos, asociacións, etc. Esta iniciativa forma parte da campaña Máis Internet, máis galego, máis futuro que comezou, o pasado 2 de maio, a Consellería de Innovación e Industria.

   

Iniciativa estandaresabiertos.org

Lanzouse a iniciativa www.estandaresabiertos.org co obxectivo de avanzar no desenvolvemento de novos estándares abertos para todo tipo de aplicacións. Desta maneira poderíase avanzar na interoperabilidade das aplicacións, chegando a posibilidade de ter tódalas áreas cubertas con Software Libre, evitando así as trabas que impoñen as aplicacións privativas.

Solicitan apoio para o seu manifesto en prol dos estándares abertos, que pode ser apoiado de forma individual ou por parte de  representantes de organizacións sociais, profesionais ou académicas.

Pax. 593 de 603« Primeiro...102030...591592593594595...600...Último »

Pin It on Pinterest