Actualidade

Un total de 580 resultado(s) para Educación

O portal web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega estará desenvolvido en Software Libre

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega desenvolverá o seu novo portal de xeito íntegro en Software Libre. Esta web contará con contidos educativos en galego e un xogo tipo trivial ademais de diversas utilidades para docentes e estudantes.

A AS-PG asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria de máis de 50.000 euros para o desenvolvemento deste novo portal.   

Máis información: AS-PG  Código Cero

Kewl plataforma educativa baixo Software Libre

Kewl é unha plataforma colaborativa orientada á comunidade educativa. Foi desenvolvida en Sudáfrica e conta con moitas implantacións no mundo da ensinanza, sendo un dos principais motores nalgúns organismos educativos coma no caso de Alemaña.

Esta baseada en PHP e foi desenvolvida por African Virtual Open Initiatives and Resources na University of the Western Cape en Sudáfrica.

As escolas de Welsh (Reino Unido) usarán Software Libre no correo electrónico

Durante unha reunión do goberno local de Welsh, os mandatarios da cidade decidiron apostar por implantar unha solución en Software Libre para o correo electrónico nos seus colexios. Desta maneira, unha cantidade próxima ás 40.000 persoas (entre mestres e alumnos) usarán Software Libre na súa comunicación vía e-mail…

Xerar contidos libres para a educación

Hai poucos días publicamos neste portal varias novas sobre webs adicadas á publicación de contidos web, imaxes e deseños web, pero cun matiz libre, baixo licenzas Creative Commons, Copyleft ou GNU/FDL.

Howard Pitler, fala do problema engadido ao traballar con contido baixado da web, denominándoo “remixing” (remezclar). El está a estudar estes interrogantes no entorno docente, dado que é un ámbito no que se utiliza a rede para obter información e para facer documentación (exames, apuntes, charlas, cursos, etc.)

Curso de verán sobre Coñecemento Libre

A Universidade de Estremadura oferta un curso de verán co título de “CONOCIMIENTO LIBRE – FLOK (Free/Libre & Open Knowledge) “. Desenvolverase en Cáceres entre os días 10 e 13 de Xullo. É válido por 3 créditos de libre configuración. Está aberto tanto a estudantes da Universidade de Estremadura como de fora.
Entre os seus obxectivos atópanse a difusión do coñecemento libre, fomentar a colaboración en contornos libres ou a aplicación de licenzas libres ás diferentes expresións da cultura. …

IES Chan do Monte: Caso de éxito con Software Libre

Logo IES Chan do Monte O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín é un centro que conta con varios ciclos de FP, ademais de ESO e Bacharelato, entre outros. Durante o curso 2005/2006 fixeron unha implantación de Software Libre, previa planificación para a súa adopción. Os principais motivos que os levaron a tomar esta decisión foron económicos e a obriga de cumprir coa legalidade nas licenzas de software.

Institutos e universidades apostan pola plataforma libre de 'e-learning' Moodle

logo moodleMoodle é unha contorna virtual de aprendizaxe que está en boca de cada vez máis profesores españois. Un total de 1.300 institutos e universidades úsano como complemento ás súas clases presenciais. A escala mundial, conta con máis de dous millóns de usuarios. En tres anos, esta plataforma de código aberto púxose á cabeza do mercado de aprendizaxe a distancia, o [[e-learning]].

Pax. 58 de 58« Primeiro...102030...5455565758

Pin It on Pinterest