Actualidade

GNU/Linux para móbiles ten nome e apelidos

Ao fío da nova xurdida do consorcio entre empresas para o desenvolvemento dun sistema operativo libre para móbiles co sistema operativo [[GNU/Linux]], xa é público a empresa que vai facer posible este feito.
‘A la Mobile’ que así se chama a compañía, vai basear o novo GNU/Linux no [[kernel]] 2.6, integrará un navegador baseado en web 2.0 e moitas outras novidades.

eyeOS, o escritorio virtual

eyeos eyeOS é unha contorna de escritorio web baseado en Software Libre, tamén coñecido como sistema operativo web ou oficina virtual. Con  eyeOS podes organizarte, traballar e divertirte en calquera parte, usando o teu escritorio web totalmente personalizado…

Tres xoves cataláns son os creadores deste proxecto, eyeOS, que permite escribir documentos  ou escoitar cancións sin un editor de textos ou un reprodutor de música no ordenador…

Nova distribución GNIX para lingüistas

Logo GNIX_Susana Sotelo acaba de liberar unha nova distribución, baseada en Knoppix, para facilitar aos lingüistas o seu traballo mediante o uso de ferramentas informáticas específicas. Entre estas ferramentas pódense atopar etiquetadores, analizadores sintácticos ou programas de análise estatística, así como aplicacións para o procesamento da linguaxe natural (PLN).

Aberta a inscrición para o curso sobre o entorno linux do NODUS

O ciclo de cursos formativos sobre renovación tecnolóxica nas empresas no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS, organizados pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, terá continuidade a próxima semana cun novo curso co título “Migración ó entorno linux. E esquécete de pagar licenzas“.
 
O curso é totalmente gratuíto e o programa do mesmo, a súa duración e a data de comezo pode consultarse no propio complexo CEI-NODUS ou nas webs municipais: www.lugo.es e www.cei.lugo.es….

gnuLinEx 2006

gnuLinExAcaba de saír a versión definitiva da gnuLinEx 2006. gnuLinEx é unha distribución de Software Libre que inclúe o kernel Linux e está baseada na distribución Debian con escritorio GNOME, e tendo ao OpenOffice.org como suite ofimática, entre outras aplicacións.

Está impulsada pola “Consejería de Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico de la Comunidad Autónoma de Extremadura”, sendo secundada por outros organismos públicos e privados. Na actualidade, a comunidade extremeña está ofrecendo apoio á de Andalucía na implantación de solucións abertas en colexios, administración, etc…

O IES Xulián Magariños estrea un CD con solucións en Software Libre para a educación

O profesor Manuel González Regal, do IES Xulián Magariños, ven de estrear Magasi CD, un CD orientado á ensinanza secundaria, que contén aplicacións ofimáticas e específicas para a docencia; todas elas baseadas en Software Libre. O CD xa foi distribuído entre o persoal de administración e os profesores do instituto, e agora faráselle entrega ao alumnado.

Outro punto de interés do software elixido foi a existencia de tradución á lingua galega, e inclusive algunha versión foi traducida polo propio Manuel G.Regal…

Pax. 578 de 598« Primeiro...102030...576577578579580...590...Último »

Pin It on Pinterest