Actualidade

Carrefour venderá portátiles con GNU/Linux

Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa .

É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia.

Nova Ubuntu 6.06 lanzada

Está dispoñible para toda a comunidade, a nova versión da distribución que está a facer GNU/Linux máis amigable para os usuarios finais. Ubuntu 6.06 LTS “Dapper Drake”, traducido como Dragon alegre ou pulcro, ten como unha das novas características importantes, o soporte nos seguintes 3 anos, para a versión Desktop e 5 anos para a versión server. Isto explica as iniciais LTS (Long Term Support).

Novidades na web mancomun.org

Acabamos de incorporar algunhas novidades na web. Entre elas, cabe destacar:

– Unha sección de descargas, onde está dispoñible o OpenOffice.org 2.0 portátil e en galego (contribuído polo usuario dmunhiz), a extensión co corrector de galego para o Thunderbird, fontes libres para editores de texto para substituír ás coñecidas Times New Roman, Verdana e Arial;e máis cousas que pronto estarán dispoñibles.

– Novas ligazóns, con referencias a páxinas de descarga de tipografías, imaxes e deseños para webs libres.

– Un novo foro de “Localización ao galego de software“, para coordinar á xente interesada en localizar algún tipo de software.

Axudas aos concellos para o acceso á Sociedade da Información con Software Libre

Onte saíron publicadas no DOG dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. …
Pax. 577 de 592« Primeiro...102030...575576577578579...590...Último »

Pin It on Pinterest