Actualidade

UVIGO, coa colaboración de GALPon, entrega equipos con Software Libre para distintas asociacións

Visto na web de GALPon : “Esta semana fíxose entrega, na primeira convocatoria deste tipo que fai a Universidade de Vigo, dos equipos obsoletos da Universidade de Vigo que foron recuperados con Software Libre para as asociacións sen ánimo de lucro.”

No 2007 haberá máis desenvolvedores en Linux que en Windows

Segundo a prestixiosa consultora Evans, para o ano 2007 haberá máis desenvolvedores traballando en Linux que en Windows. Concretamente, as súas predicións apuntan a unha igualdade no número de desenvolvedores nas dúas plataformas para este ano. Unido este dato ao considerable aumento no número de desenvolvedores en Linux, fai prever que pronto haberá máis programadores en plataformas libres…

APICE loita contra a "fenda dixital" empregando Software Libre.

APICE, é a Asociación para a Promoción a través da Informática de Colectivos Excluídos. A súa finalidade é a integración de colectivos marxinados na sociedade facendo uso das novas tecnoloxías e do Software Libre, axudando deste xeito á redución da “fenda dixital”.

O proxecto desenvólvese nos barrios e distritos madrileños de: Carabanchel, Usera e Moratalaz e Villa de Vallecas, na Cañada Real Galiana.

O "Ayuntamiento de San Roque" busca empresas para o desenvolvemento de Software Libre

O “Ayuntamiento de San Roque”, no campo de Gibraltar, leva xa algún tempo potenciando o software libre de xeito institucional. Agora precisan empresas que traballen en Software Libre para o desenvolvemento de aplicacións de xestión con licenza GPL.

O artigo con todas as características e requisitos pódese atopar na páxina do concello. Sen dúbida este tipo de iniciativas potencian o desenvolvemento do Software Libre e son exemplos a ter en conta á hora de falar de políticas e iniciativas potenciadas dende os organismos públicos.

Carrefour venderá portátiles con GNU/Linux

Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa .

É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia.

Pax. 576 de 591« Primeiro...102030...574575576577578...590...Último »

Pin It on Pinterest